2004
Agosto
Estándar

Metrópoles Delirantes

En xeneiro do ano 2014 nacía un dos podcats de máis importancia para o movemento en Galicia nos últimos tempos. Metrópoles Delirantes é un podcast de frecuencia quincenal dirixido por Manuel Barreiro, tamén coñecido como o Sr. B, e presentado por Nieves Rodríguez. Este falangullo que se grava nos estudios de Radio Campus Culturae, na Facultade de Ciencias da Comunicación na USC, ten como única temática a banda deseñada a nivel nacional e internacional.

A importancia de este falangullo radica en dous factores, o primeiro é a calidade da súa produción e factura técnica, que se pode asimilar a un programa de radio tradicional tanto en contidos como en factura, contando con convidados do máis alto nivel. O segundo é ser un dos iniciadores do rexurdir actual do podcasting en Galicia, con novos falangullos como Burán ou O Sexto Grao, podcasts de unha gran calidade producidos dende Radio Campus Culturae.

The end