Corupod 1ª, quedada de podcasters e ouvintes

Aínda que en febreiro de 2008 xa se fixera unha minixuntanza podcasteira en Galicia, como anunciaba Uxío Broullón no blog de C’mmons Baby! e Podgalego no seu respectivo blog, a que se considera primeira reunión de podcasters e ouvintes galegos produciuse en febreiro do ano 2013 na Coruña.

Como recolle recolle Zafarrancho Podcast no seu blog, foron nove os podcast asistentes, aínda que ningún deles en lingua galega.