Podcasting, tú tienes la palabra

En outubro do ano 2010 editábase a primeira edición do libro Podcasting, tú tienes la palabraUn libro de colaboracións impulsado dende a Asociación Podcast para dar a coñecer e impulsar a creación de podcasts. Nesta obra que contaba con tres grandes bloques, un cultural, un social e un tecnolóxico podemos atopar o artigo de Uxío Broullón Falangullos, los podcasts en gallego onde se fai un percorrido pola historia do podcasts na nosa lingua.

O libro está dispoñible online para a súa consulta e descarga por todo aquel que o desexe.