2004
Agosto
Estándar

Nas escolas

Un dos eidos nos que se producíu unha introducción moi rápida do podcasting foi nos centros educativos. A posibilidade de crear programas e espallalos polo mundo sen necesidade de mercar e manter unha gran plataforma, como a que ata entón era necesaria para emitir radio, animou a moitos profesores a utilizar este recurso dentro das aulas.

Un dos maiores expoñentes deste fenómenos é o profesor Xano “Cebreiro” que nese momento se atopaba no IES de Pobra do Caramiñal. Desde finais do 2006 levou o uso das tecnoloxías da información, con especial incidencia no podcast e o videocast, ao seu alumnado. Outros centros que tamén levaron actividades deste tipo foron o CEIP de Sigüeiro  e a AS.PG, Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Proxectos que agora se atopan extintos.

The end