Chuza! News

Nado en setembro de 2006,  Chuza! News naceu dentro da comunidade de usuarios de Chuza!, clon galego de Menéame, que pecharía en xullo do ano 2010. Baixo o eslogan “un podcast que non ten nada que ver con Chuza!” Modesto del Río, a persoa detrás deste falangullo, falaba sobre as novas que chegaban á portada e conversacións ou controversias que xurdían no chat de Chuza! Adoitaba usar programas de sínteses de voz para as locuciones e éxitos dos anos 80 e 90 para amenizar os programas. Finalizou as súas emisións en outubro de 2007.

O seu vinculo con Chuza!, que era un dos portais web máis populares entre os cibernautas galegos, xunto cun humor cheo de retranca e sarcasmo que sempre procuraba a polémica, convertiron a Chuza! News nun dos podcasts máis populares do movemento en Galicia.