Se descobres que a nasa che rouba os discos de cumbias

Ao igual que pasou coas radios tradicionais e as radios universitarias, as radios libre tamén foron dando paulatinamente o salto ao mundo do podcast, colgando as súas emisións na rede e vinculándoas a un RSS. Se descobres que a nasa che rouba os discos de cumbiastítulo extraído dunha canción de Siniestro Total, é considerado o primeiro expoñente desta tendencia. Este programa de radio Kalimera, radio libre de Santiago de Compostela, comezou a subir as súas emisións á rede en xuño do 2006. O programa estaba presentado por Lara Rozados e Leo i Arremecághona e emitía só música en galego.