Podgalego

Podgalego.org é o directorio e punto de encontro dos podcasts en galego. O xérmolo da idea pode situarse no episodio 0.02 de Areias sonora, falangullo no que o seu autor, Uxío Broullón se cuestiona porqué non existen máis podcasts en galego. A raíz desta reflexión Isaac González de e-music e Goretoxo de Blogaliza poñense en contacto con Uxío coa idea de dar forma a un directorio dos podcasts existentes en galego. A web púxose en marcha a finais do verán de 2006 e presentouse públicamente nas II Xornadas de Podcasting, que se realizaron en Barcelona en outubro dese mesmo ano.

Tras un ano de vida do proxecto, a mediados do 2007 un problema co servidor fixo que se perdera gran parte do traballo, o que deu lugar á creación de Podgalego 2.0 que vería a luz o 1 de xaneiro do 2008. Esta renovación permitíu mellorar a plataforma engadindo o reprodutor e o botón de suscrición automática para iTunes no directorio, comezando a publicar máis novas sobre o mundo do podcasting, creando unha lista de correo en Google, unha listaxe de ligazóns a sitios onde atopar música libre para a realización dos podcasts e, en definitiva, tentaron crear un pouco máis de comunidade, como xa ocorrera no eido dos blogs.

Daquela época podemos destacar algúns proxectos como: Transmigración (musical da Cuac FM), Vos outros éxitos(musical), Saber máis (omoistoria e cultura galega), Falangullo Pataca (humor), Efervesciencia (ciencia, outro dos primeiros e poucos podcasts da Radio Galega), Benvidos ao meu manicomio (diario persoal), Mensaxe nunha botella (proxecto do grupo de técnicas de expresión escrita do IES David Buján de Cambre), Proxecto Identidade (sonorización de partes do e-book colectivo de título homónimo)…

Na actualidade, tras o abandono da súa anterior versión, Podgalego volve a estar dispoñible na súa versión 3.0. Esta nova versión realiza un traballo moito máis modesto servindo como directorio onde consultar podcasts activos na nosa lingua.


Web Archive | Podgalego 1.0
Web Archive | II Jornadas de podcasting Barcelona 2006