Areias sonoras

En abril de 2006 publícase o primeiro Areias sonoras, baixo a numeración 0.01, no blog homedareia de Uxío Broullón co que comeza este novo proxecto. Uxío xa viña realizando un proxecto en castelán desde outubro de 2004 para a emisora libre en liña Ego99 de México: Fabuloseando!, que se convertería máis tarde en podcast baixo o nome de Podfabs!.

Entre as motivacións para a creación deste falangullo está encher o vacío existente, segundo o autor, no mundo dos podcasts en galego. Areias sonoras inicia a súa andaina baixo o lema:

as areas comúns métense nos ollos, as areas sonoras entran polas orellas”

As emisións mesturan pequenas reflexións con gravacións caseiras e pílulas literarias propias. Co paso do tempo comeza a incluír música distribuída baixo licenzas creative commons, feito que sería o xerme, xunto cunha reconversión de Podfabs!, dun novo podcast que nacería en novembro de 2007, C’mmons baby!, que se mantén en activo a día de hoxe.

 


Web de homedareia | homedareia.blogspot.com
Web de C’mmons baby! | commonsbaby.com