2004
Agosto
Estándar

Falangullos

O 4 de abril de 2006 Roberto Noguerol publica un artigo en Vieiros titulado “Primeiro foi o podcast, agora vén o falangullo” no que fala do triunfo da bitácoras e da chegada do podcasting para o que propón unha tradución do termo:

“Nós, de paso, improvisámoslles unha alternativa á palabra inglesa para referirnos a eses bagullos dixitais que recollen as reflexións dos internautas: falangullos?”

Este termo nace da combinación de “falando/falar”  e “bagullo” (vaina, cápsula = pod).

 


Vieiros | Primeiro foi o podcast, agora vén o falangullo

Estándar

Areias sonoras

En abril de 2006 publícase o primeiro Areias sonoras, baixo a numeración 0.01, no blog homedareia de Uxío Broullón co que comeza este novo proxecto. Uxío xa viña realizando un proxecto en castelán desde outubro de 2004 para a emisora libre en liña Ego99 de México: Fabuloseando!, que se convertería máis tarde en podcast baixo o nome de Podfabs!.

Entre as motivacións para a creación deste falangullo está encher o vacío existente, segundo o autor, no mundo dos podcasts en galego. Areias sonoras inicia a súa andaina baixo o lema:

as areas comúns métense nos ollos, as areas sonoras entran polas orellas”

As emisións mesturan pequenas reflexións con gravacións caseiras e pílulas literarias propias. Co paso do tempo comeza a incluír música distribuída baixo licenzas creative commons, feito que sería o xerme, xunto cunha reconversión de Podfabs!, dun novo podcast que nacería en novembro de 2007, C’mmons baby!, que se mantén en activo a día de hoxe.

 


Web de homedareia | homedareia.blogspot.com
Web de C’mmons baby! | commonsbaby.com

Estándar

Podgalego

Podgalego.org é o directorio e punto de encontro dos podcasts en galego. O xérmolo da idea pode situarse no episodio 0.02 de Areias sonora, falangullo no que o seu autor, Uxío Broullón se cuestiona porqué non existen máis podcasts en galego. A raíz desta reflexión Isaac González de e-music e Goretoxo de Blogaliza poñense en contacto con Uxío coa idea de dar forma a un directorio dos podcasts existentes en galego. A web púxose en marcha a finais do verán de 2006 e presentouse públicamente nas II Xornadas de Podcasting, que se realizaron en Barcelona en outubro dese mesmo ano.

Tras un ano de vida do proxecto, a mediados do 2007 un problema co servidor fixo que se perdera gran parte do traballo, o que deu lugar á creación de Podgalego 2.0 que vería a luz o 1 de xaneiro do 2008. Esta renovación permitíu mellorar a plataforma engadindo o reprodutor e o botón de suscrición automática para iTunes no directorio, comezando a publicar máis novas sobre o mundo do podcasting, creando unha lista de correo en Google, unha listaxe de ligazóns a sitios onde atopar música libre para a realización dos podcasts e, en definitiva, tentaron crear un pouco máis de comunidade, como xa ocorrera no eido dos blogs.

Daquela época podemos destacar algúns proxectos como: Transmigración (musical da Cuac FM), Vos outros éxitos(musical), Saber máis (omoistoria e cultura galega), Falangullo Pataca (humor), Efervesciencia (ciencia, outro dos primeiros e poucos podcasts da Radio Galega), Benvidos ao meu manicomio (diario persoal), Mensaxe nunha botella (proxecto do grupo de técnicas de expresión escrita do IES David Buján de Cambre), Proxecto Identidade (sonorización de partes do e-book colectivo de título homónimo)…

Na actualidade, tras o abandono da súa anterior versión, Podgalego volve a estar dispoñible na súa versión 3.0. Esta nova versión realiza un traballo moito máis modesto servindo como directorio onde consultar podcasts activos na nosa lingua.


Web Archive | Podgalego 1.0
Web Archive | II Jornadas de podcasting Barcelona 2006

The end