Ouveos na noite

En febreiro de 2006 da man de Xermán Viluba nace Ouveos na noite. Con formato de panfleto radiofónico Xermán repasa a actualidade de Galicia e o mundo con mensaxes de resistencia contra o sistema. Ouveos na noite podería considerarse unha especie de continuación das súas colaboracións con Isaac González en e-music, onde tiña unha sección fixa: o mandril nas ondas. Estas intervencións recolleríaas despois nun libro autoeditado a través de bubok.com.

 


En Vieiros | Ouveos na noite
Web Archive | Ouveos na noite