Casantlántica

En decembro de 2005 xurdía Casatlántica, o primeiro falangullo persoal complemento do blogue homónimo da escritora María Lado. Trátase do primeiro podcast independente que tivo continuidade. Facía o aloxamento dos seus arquivos nun portal específico para a publicación de podcast, castpost e aproveitou o medio para concibir un novo espazo para a creación artística. María formaba a miúdo equipo coa poetisa e cantante Lucía Aldao, ambas construían poemas sonoros e visuais que colgaban na rede.

Máis tarde, entre outubro de 2008 e marzo de 2009, en colaboración con Arrabalde (Radio Galega, CRTVG), regresou para contar o seu primeiro embarazo con pequenas cartas sonoras que despois de emitidas podíanse escoitar como podcast no seu blogue.

 


Web Archive | Casatlántica