e-music

Aínda que Manuel Grueiro foi o primeiro en facer un programa e sindicalo a través do RSS, a súa curta duración fai que moita xente considere e-music o primeiro podcast na nosa lingua. En outubro de 2005 comezaba a emitir e-music a través da rede. Este falangullo estaba dirixido e presentado por Isaac González, e era un programa que trataba sobre música electrónica como eles mesmos se definían:

“e-music é un programa de radio semanal emitido na CuacFM e en radiofusión, e-music trata de amosar dun xeito persoal a música electrónica e o mundo contemporáneo”

Aínda que o programa xa levaba varios anos en antena na radio universitaria Cuac Fm, non foi ata a terceira tempada que se empezou a subir o programa a rede e a distribuilo como podcast, sendo o fin das emisións a través da rede dúas tempadas máis tarde.

Curiosamente, unha vez que Isaac remata os seus estudos na Universidade da Coruña empeza a colaborar en Radio Oceánica, un programa de Radio Galega Música, dirixido por aquel entón por Noel Feán, e que apostaba dende os seus inicios pola distribución dos seus contidos en formato podcast. Un dos primeiros, senón o primeiro, en facelo dentro da Radio Galega.

 


Web Archive | e-music
Web Archive | Radioceánica