2004
Agosto
Estándar

Introducíndonos na historia

Aínda que se considera que o proceso de creación do podcasting empezou no ano 2000 coa creación da tecnoloxía de sindicación RSS (Rich Site Summary (RSS 0.91), RDF Site Summary (RSS 0.9 e 1.0) e Really Simple Syndication (RSS 2.0)), non sería ata o ano 2004 cando o primeiro podcast ao uso vería a luz da man de Adam Curry. Antes disto xa existían programas de radio que colgaban os seus contidos na rede, pero non foi ata que a tecnoloxía RSS estivo nunha fase estable e se empezou a utilizar ligada a estos arquivos de son que se colgaban na rede, cando se pode empezar a falar da historia do podcasting.

Adam Curry foi primeiro en usar a teconoloxía RSS para a distribución de un arquivo de audio. Para poder xestionar estos arquivos creou un programa ao que chamou iPodder, en relación ao iPod que posuía, sendo este un guiño a aproveitar a capacidade dos reprodutores de Apple.

Non é de estrañar polo tanto que o termo podcast derive das palabras iPod e broadcasting, emisión en inglés. Este termo foi acuñado no ano 2004 polo xornalista Ben Hammersley quen resaltou a sinxeleza e accesibilidade das ferramentas para crear un programa en liña.

Con estos datos podemos definir un podcast como:

Un arquivo de son que o usuario pode descargar da rede e que é distribuído mediante a tecnoloxía RSS ou un sistema de suscrición equivalente.

É significativo ver como, mentres que para o termo blog existen definicións na RAG e RAE, non se atopa ningún resultado para o termo podcast ou podcasting.

 

 

more